Entrevista

 

Entrevista a María Xosé Agra

Entrevistador: Dános vostede o seu consentimento para gravar esta entrevista con fins exclusivamente académicos?

Maria Xosé Agra: Si.

Entrevistador: Pois, en primer lugar, quen é vostede? onde naceu?

Maria Xosé Agra: Eu son María Xosé Agra Romero. Nacín o 11 de febrero do 1956 en

Santiago. Son da primeira promoción de Filosofía e Letras de Galicia. Acabei a carreira no 1978.

Entrevistador: Cal foi a motivación para estudiar a carreira de filosofía? Ten algo que ver coa súa infancia?

Maria Xosé Agra: O feito de comprender como está composto o mundo e as temáticas que requiren o exercicio do pensamento interesáronme dende un principio.

Tiven unha infancia feliz, a cal disfrutei moito na rúa. Vivín no casco histórico de Santiago, unha realidade moi diferente á de agora.

Con respecto á motivación, hai profesores que marcan. Un deles foi o meu profesor de psicoloxía, moi coñecido e tamén represaliado na escola pública na que estaba. Del saquei o interese pola psicoloxía de corte filosófica. Houbo tamén materias como Introdución ao Dereito que me marcaron. O interese polo grego e o latín foi do mesmo xeito debido a profesoras que tiña naquela época.

Entrevistador: En canto á experiencia universitaria,  pode proporcionarnos un análisis en perspectiva de xénero da época na que vostede estudou na universidade?

María Xosé Agra: Foi unha época normal. En COU víanse xa participacións e inquedanzas nas mulleres. Pelexamos polo futuro. Eu estiven implicada nas loitas contra a represión debida ao sistema ditatorial. Na carreira, os primeiros anos estivemos con manifestacións, desaloxos, táboas reivindicativas, etc.

Entrevistador: Chegou vostede a formar parte dalgunha organización ou colectivo naquel ambiente de reivindicación?

María Xosé Agra: Estiven na Larga Marcha e na NPG. Os primeros escritos meus para a NPG trataban a cuestión da situación das mulleres e a súa educación.

Entrevistador: Ten vostede algún autor ou algunha autora que a influíse ao longo da súa carreira?

María Xosé Agra: Hegel coa súa Fenomenología do espíritu e a correspondente temática da dialéctica de amo e esclavo. Tamén Marx ou autoras como Alejandra Kollontai foron moi lidas e discutidas por nós. Outro exemplar que me influíu foi o libro de Ferrero Mora El cambio de marcha en la filosofía. Relata unha apertura da filosofía analítica dentro do ambiente escolástico que reinaba en España. Vivín unha época onde nos formabamos fóra das aulas, con aprendizaxes en grupos, o que fomentou o desenvolvemento do autodidactismo. Como todo, non todos os estudantes eramos así, senón que había diferentes grados de implicación.

Entrevistador: Unha vez terminada a carreira, como continúa a súa vida?

María Xosé Agra: Durante a carreira, casei no 1974 e por motivos da clandestinidade non iba pola facultade. En quinto curso xa estaba embarazada do meu primer fillo, que nace en febreiro.

Posteriormente contratáronme para impartir filosofía en COU, en Doña Emma. Preparei as oposcións e fun a Madrid. A primeira vez suspendín.

Cando iba a comezar o curso, en Xuño, Esperanza Guisán infórmame de que quedara unha praza de profesora axudante na facultade. Ao final, quedeime na universidade. Entrei o 1 de setembro do 1979 e exercín docencia alí ata o 31 de agosto do 2021.

Cando comecei a traballar na universidade, elaborei a tesina sobre Gramsci mentres traballaba nas oposicións. Posteriormente, ao ter relación con Esperanza Guisán, introducínme na ética e fixen un traballo sobre o filósofo moral Warnock e o cambio da filosofía analítica coa crítica ao positivismo. A miña tese foi un estudo da filosofía moral de John Rawls, titorizada por José Montoya.

Entrevistador: Foi vostede a primeira persoa en España que estudou a John Rawls?

María Xosé Agra: Si, con diferencia de meses, en filosofía, si. A tese deste autor foi lida tamén por Fernando Vallespín, pero centrándose este no contrato con diversos autores. Eu centreime en Rawls e lin a tese sobre el no 1984. Con ela acadei o premio extraordinario, a distinción cum laude.

No 1996 sacáronme unha praza para dar socioloxía. Fun unha das titulares mais novas en

España en impartir ética e socioloxía.

Daba fundamentalmente a Marx , Durkheim y Weber. Din Filosofia do Dereito e Política.

Pasados os anos quedou por un lado, filosofia moral e por outro, filosofía do dereito.

Posteriormente impartín un curso de doctorado sobre a teoría feminista.

Entrevistador: Vostede foi unha das pioneiras en tratar a cuestión de xénero dentro da filosofía en España

María Xosé Agra: Antes de min estaba Celia Amorós, que abriu un campo de estudo extraordinario co seu libro Crítica de la razón patriarcal. Tamén autoras como  Amelia Valcárcel e Victoria Camps investigaron o tema no meu tempo.

Entrevistador: Participou vostede en diversas publicacións con Celia Amorós.

María Xose Agra: Fixen con ela traballo de seminario e estiven tamén nalgún dos seus proxectos de investigación sobre a temática de feminismo e multiculturalismo, entre outras cousas.

Entrevistador: Tamén cultivou vostede relacións con outros grupos de investigación, tanto dentro coma fóra do Estado.

Si. Creouse no CSIC o grupo de filosofía política, presidido por Javier Luberza, no que participei.

Participei tamén en proxectos de investigación coa UAM. Dos congresos celebrados con eles xordeu a Revista Internacional de Filosofía Política financiada pola UAM e pola UNED. Había nela temáticas novedosas e, sobre todo, moita xente diferente conectada.

Noutra etapa da miña vida establecín vínculos académicos con Portugal, celebrando seminarios bianuais entre a universidade compostelá e a de Braga.

Por outra banda, tamén cultivei un vínculo forte con Cataluña debido á miña relación co grupo de filosofía e xénero que fundou Fina Virulés e Rosa Rius.

Participei nos últimos proxectos de Fina Virulés e con Margarita Boladeras. Esta foi a que levou a delante un mestrado de ciudadanía e dereitos humanos. Estiven nel dando clase da materia de Xénero e Política moitos anos.

Entrevistador: Cales diría que son as etapas do seu pensamento? Hai unha direción lineal neste?

Maria Xosé Agra: En primer lugar, o desenvolvemento do meu pensamento podese concretar na seguinte frase de Hannah Arendt: ``…poido vivir sen facer nada pero non poido vivir sen comprender´´. Fun pouco ortodoxa e pouco escolástica.

O activismo nutriume de perspectivas a través das cales traballar. Con todo, as liñas centrais nas que se divide o meu pensamento e a miña obra ao longo da miña traxectoria son a teoría da xustiza (diferentes concepcións) e a teoría crítica feminista. Centreime nos problemas da filosofía política contemporánea e o mundo anglosaxón. Aínda que eu me movo no campo da teoría crítica, recollo aspectos fundamnetais da filosofía analitica.

Entrevistador: Como foron os últimos anos da súa carreira?

Maria Xosé Agra: Como contexto, nos 2000, a partir do atentado do 11s, cambiou bastante a concepción da multiculturalidade.

No 2005 conseguir marchar a Londres para estudar coa teórica feminista Anne Phillips, creadora do Gender Institute. Durante a miña estancia alí, centreime na investigación para o que posteriormente sería o texto de defensa da Cátedra.

No 2006 presenteime en Madrid á cátedra e saqueina por segunda oportunidade na Universidade Autónoma de Madrid (o sistema vixente chamábase habilitación).

No 2007 fíxenme, finalmente, catedrática da Universidade de Santiago.

No 2004 entrei na comisión de pensamento do Consello da Cultura, periodo no que estaba de de Decano Barreiro. Naquel momento, producíronse exposicións de libros e congresos organizados por Torres Queiruga. Este último propúxome crear algo sobre a cuestión do xénero e propiciei unha comisión Técnica sobre Xénero e Igualdade xunto con outras pensadoras feministas como Carmen Pérez Pais, Ana Romalie, Carmen Otero, Carmen Adán…

Entrevistador: Algún outro premio ou recoñecemento que mencionar?

Maria Xosé Agra: Gañei o premio extraordinario e o premio de investigación. Na última asemblea que celebrou a Sociedade Española de Ética e Política fun nomeada socia de honra.

Entrevistador: Considera que a súa traxectoria pódese resumir en guiarse mais polos intereses que polas exigencias do academicismo e sobre todo pola praxe ?

Maria Xosé Agra: Claro, pensamento e vida van unidos, senón che gusta algo hai que cambialo. Os dereitos se exercen, non sen teñen.

Comentarios