Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2022

Entrevista

  Entrevista a María Xosé Agra Entrevistador: Dános vostede o seu consentimento para gravar esta entrevista con fins exclusivamente académicos? Maria Xosé Agra : Si. Entrevistador: Pois, en primer lugar, quen é vostede? onde naceu? Maria Xosé Agra : Eu son María Xosé Agra Romero. Nacín o 11 de febrero do 1956 en Santiago. Son da primeira promoción de Filosofía e Letras de Galicia. Acabei a carreira no 1978. Entrevistador: Cal foi a motivación para estudiar a carreira de filosofía? Ten algo que ver coa súa infancia? Maria Xosé Agra : O feito de comprender como está composto o mundo e as temáticas que requiren o exercicio do pensamento interesáronme dende un principio. Tiven unha infancia feliz, a cal disfrutei moito na rúa. Vivín no casco histórico de Santiago, unha realidade moi diferente á de agora. Con respecto á motivación, hai profesores que marcan. Un deles foi o meu profesor de psicoloxía, moi coñecido e tamén represaliado na escola pública na que estaba. Del sa